Envío gratuito por compras superiores a 60€

Pack agasallo 2 tarros + 1 vela

Un agasallo pensado para os que saben apreciar o sabor do auténtico. Este pack combina dous tarros do noso mel de castiñeiro de 250g cunha vela de cera pura de abella, todo presentado na súa caixa de madeira lista para entregar.

22,50 

Se buscas un detalle que sexa práctico, duradeiro e cunha orixe 100% natural, este set é unha das nosas mellores opcións. Ao incluír dous tarros de mel, é o agasallo perfecto para asegurar que non falte a esencia do bosque galego na despensa, acompañado da luz cálida das nosas velas tradicionais.

Que inclúe este pack agasallo?

  • 2 tarros de mel de castiñeiro (250g cada un): o noso mel artesán recollido no Irixo. É un mel puro, sen filtrar e con esa cor escura característica do castiñeiro autóctono. Ao levar dúas unidades, é ideal para compartir ou para os moi cafeteiros ao mel.
  • 1 vela de mel e cera de abella: feita a man con cera das nosas propias colmeas. A diferenza das industriais, esta vela limpa o aire mentres se queima e desprende un cheiro doce e natural que crea un ambiente moi acolledor.
  • Extras: o pack complétase co tradicional palito meleiro de madeira e preséntase nunha elegante caixa de madeira, montada manualmente para garantir que cada agasallo sexa único.

Un agasallo con alma rural

Todo o que sae dos nosos colmeares en Ourense reflexa o noso respecto pola natureza e a apicultura tradicional. Preparamos cada pack un a un, coidando que a etiquetaxe e a embalaxe sexan impecables. É un detalle moi valorado como agasallo de empresa, para un detalle familiar no Nadal ou simplemente para agradecer a alguén especial cun produto local de calidade.

Información de envío e compra

📍 Venda física: podes atopar este pack nas nosas tendas de Ourense e Santiago de Compostela.

📦 Envíos: realizamos envíos rápidos a toda Galicia e España, protexendo cada produto para que chegue perfecto á túa casa.

0/5 (0 Reviews)

Contacta CON NÓS!

Se tés algunha dúbida acerca do noso mel ou queres realizar un pedido, chámanos, escoitámoste!

Tarro de miel casera raíña celta de Ourense de 250 gramos para comprar online

¡Contacta con nosotros!

Si tienes alguna duda acerca de nuestra miel o quieres realizar un pedido, ¡Llámanos, te escuchamos!

Tarro de miel casera raíña celta de Ourense de 250 gramos para comprar online