Queres COMPRAR MEL cru ONLINE?
Coñece toda a nosa gama de formatos de tarros de mel e elixe o que máis che conveña. Desfruta dun produto 100% natural e artesán, estés onde estés!
Tarro de mel 1kg
Tarro de mel 500 gr
Tarro de mel 250 GR
as nosas variedades de mel
Coñece toda a nosa gama de variedades de mel cru, dispoñible en tódolos formatos de tarros de mel
MEL DE FLORES DE ALTA MONTAÑA
MEL DE CASTIÑEIRO
velas de cera de abella
Convidámoste a probar as nosas velas de cera de abella natural e mel, feitas á man con ingredientes naturais. Cera de abella dos nosos colmeares, mel das nosas abellas e nada máis.
Están dispoñibles en múltiples formas, para que elixas a que máis che guste. Ademais, non só serven como elemento decorativo, aportando unha luz suave e acolledora, senon que tamén axudan a neutralizar os malos cheiros, sustituíndoos por un exquisito aroma a mel.
Velas de cera de abella natural
Velas de cera de abella natural e mel, elaboradas artesanalmente con ingredientes 100% puros e orgánicos. Cera de abella e mel dos nosos colmeares, e nada máis. A cera de abella ten moitísimas vantaxes, coma a súa capacidade para neutralizar cheiros desagradables, ao que se lle suma o irresistible aroma que aporta o mel. Son perfectas para quen busca unha alternativa de proximidade e natural ás velas convencionais. Ademais, as súas múltiples formas encandilarante, aportan o toque perfecto de calidez e elegancia para calquer espacio.
Mel de castiñeiro ou mel de flores
Contamos con mel autóctono de castiñeiro ou flores, recolectados na montaña da provincia de Ourense.
Dous tipos de mel de cor e sabor intensos, propiedades que lles otorga a flora predominante na rexión. O castiñeiro e o breixo aportan as tons roxizas e escuras e o sabor intenso tan característico do mel de montaña. O mel de flores, pola súa banda, caracterízase por unha douzura máis tímida, e por ser moito máis espeso e cremoso.
Este sabor intenso e textura densa, tanto do mel de flores como do de castiñeiro, convértenos na opción ideal para acompañar queixos, postres ou disfrutalo a culleradas.
Mel cru
Mel 100% natural, extraído e envasado artesanalmente en frío.
A diferenza doutros meles procesados, o noso mel non é sometido a ningún proceso de pasteurización, así garantimos que conserve as súas propiedades naturais, tanto nutricionais coma organolépticas.
Polo tanto, o noso mel é un mel cru, puro, e, consecuentemente, pode cristalizar de maneira natura ao arrefriar, o cal é sinal da súa autenticidade e calidade. Se prefires que volve ao seu estado orixinal, cunha textura máis líquida, só terás que quentalo ao baño María a moi baixa temperatura.
os nosos packs regalo de mel e velas personalizables
Si queres regalar mel e estás buscando un detalle auténtico e orixinal, os nosos packs de mel para regalar son perfectos para ti. Un agasallo local, galego e artesán. Regala un anaquiño de Galicia en cualquera ocasión especial cos nosos packs regalo de mel y velas, personalízalos como quieras!
Fai o teu pedido de mel online
Chámanos ou escríbenos por WhatsApp e fai o teu pedido de mel. Configúrao como queiras!