RAÍÑA CELTA
Mel caseiro galego de alta montaña. Mel puro.
Mel caseiro galego, directo do colmear, elaborado con néctar que as abellas colleitan nas paraxes virxes dos montes galegos, lonxe de calquer contaminante.
Mel artesán, sen procesar, extraído e envasado á man. Venda directa do apicultor, sen intermediarios. Do colmear á túa despensa.
Para consumir. Para regalar. Para facerche a vida máis doce e facérllela a aqueles a quen queres.
Mel natural
Mel 100% natural. Mel de castiñeiro elaborado exclusivamente con néctar colleitado polas abellas obreiras de flor en flor durante todo o ano. Ao ser un mel natural, é un mel escuro e denso, espeso, que conquistará calquera padal.
Mel Artesán
Mel artesán de Galicia. O segredo do noso mel é que os colmenares aténdense e revísanse colmea a colmea, unha por unha, con paciencia e moito agarimo. Para completar o proceso e garantir que sexa totalmente artesán, o mel extráese e envásase á man, panal a panal e tarro a tarro.
Mel cru
Mel cru, sen procesar. Mel orgánico e directo do apicultor, sen intermediarios. Mel caseiro galego como o que nos daban os nosos avós. Sen conservantes nin alteracións, e mantendo todas as súas propiedades naturais.
MEL CASEIRO GALEGO,
mel natural,
mel cru,
mel puro
As nosas abellas atópanse repartidas por colmeares nos montes virxes da Galicia rural, da Galicia Profunda.
Concretamente, o noso mel prodúcese nun pequeno concello da provincia de Ourense.
Lindando co Carballiño, atopámonos co Irixo, unha aldea galega de montaña onde os seus apenas mil habitantes seguen facendo as cousas amodo, con calma e agarimo.
mel caseIro galego,
o de sempre.
GALICIA: UNha orixe NATURAL QUE NOS fai úNICOS
Compromiso coa calidade e a tradición, eses son os nosos puntos cardinais. Cremos que vivir no e do rural galego é posible, ofrecendo un produto de calidade premium. Porque non mereces menos.
Tanto as nosas abellas como nós esforzámonos cada día porque o noso traballo chegue o máis directo posible, por ofrecerche un mel directo do apicultor, galega, natural e artesanal, do colmenar á túa boca.
Producimos un mel caseiro galego, como sempre se fixo. Mel natural sen procesar, sen intermediarios nin ningún outro paso no proceso que o extraído e o envasado de maneira artesanal.
Colleita do néctar e elaboración do mel
As nosas abellas colleitan o néctar de flores dos castiñeiros da montaña ourensá. É así, na Galicia profunda e lonxe de calquer contaminante, como se consegue un mel caseiro galego, de verdade, que captura o sabor único da nosa terra.
Extraído astesán do mel do panal
Unha vez ao ano é a hora de recoller o labrado polas abellas obreiras. Os panais sácanse de cada colmea de maneira manual e trasládanse á sala de extracción, onde se abren e baleiran para obter o mel que hai no seu interior.
cada tarro de mel é envasado á man
Cada tarro de mel é elaborado con coidado. O mel cru, puro, extraído dos panais repousa para enxalzar e homoxeneizar tódalas súas propiedades e, despois, envásase e etiquétase á man, tarro a tarro. Así garantimos o coidado que mereces.
Os nosos tipos de mel
Mel de BREIXO OU CARRASCO
Unha das flores máis representativas da montaña ourensá é o breixo ou carrasco. Para representar a nosa terra decidimos crear a maiores un mel monofloral de breixo, que varía lixeiramente en aroma e textura do mel de flores.
Apadriña una colmea
Contribúe á supervivencia e ao coidado das abellas apadriñando unha colmea nos nosos colmeares. Poderás visitala e consumir o teu propio mel!
VELAS DE MEL E CERA DE ABELLA NATURAL
A cera sobrante que fabrican as nosas abellas, extraémola dos panais e con ela facemos velas.
O seu irresistible aroma a mel farache a boca auga.
Son velas de mel e cera de abella completamente naturais, sen ningún tipo de engadido e feitas á man, unha por unha, sen présa.
Hai multitude de formas dispoñibles, e podes combinalas como queiras.