
A orixe do noso mel de castiñeiro:
os nosos colmeares en ourense
Os nosos colmeares atópanse en pleno corazón da Galicia profunda: no Irixo. O ingrediente fundamental de Raíña Celta é o néctar que as abellas recolectan nos montes de Ourense, coa vexetación característica dos montes do interior galego, onde predominan o castiñeiro e o breixo, no noso caso.
Mel De castiñeiro da montaña
A alta montaña ourensá sempre foi e segue sendo o noso fogar, por iso decidimos instalar aquí, na Galicia profunda, os nosos colmeares, repartidos polas altitudes da provincia de Ourense.
Aquí, nas serenidade da natureza, lonxe de calquera contaminante, as nosas abellas traballan incansablemente para ofrecerche un mel puro e natural con calidades únicas. Delas obtemos o noso mel de castiñeiro
A pureza da contorna concéntrase en cada pinga, unha experiencia que te transportará ao máis auténtico de Galicia.
Se queres comprar mel cru de calidade, somos a túa mellor elección!


O PORTO
Imaxina un recuncho onde a tranquilidade flúe co suave murmurio dun regato e ese, xunto co zumbido das abellas, é o único son que te interrompe.
Así é o colmear O Porto, estratexicamente situado nunha leira rodeada de montes salpicados de breixo e castiñeiro. Aquí, as nosas abellas atopan un paraíso floral, creando un mel de carácter inconfundible.
O Porto é, ademais, o lugar onde comezou todo, por iso cada bote de mel extraído deste colmenar leva intrínseco tamén as nosas orixes.
O XEIXo
O colmear O Xeixo atópase a uns cantos kilómetros de distancia do colmenar O Castiñeiro e nel as abellas fan vida entre a predominancia de breixo, castiñeiro e piñeiro.
Do mesmo xeito que O Porto, O Xeixo atópase afastado da civilización. Porén, tamén está rodeado completamente dos montes galegos, nun oasis natural onde a intervención humana é nula, quedou atrás, a anos de distancia.


UNHA VIAXE Á NATUREZA OURENSÁ
Cada bote de mel de Raíña Celta é unha viaxe á Galicia máis profunda.
Aquí, a biodiversidade do monte convértese na esencia da nosa produción apícola.
En Raíña Celta cada bote de mel conta unha narrativa única.
Convidámoste a descubrir a autenticidade deste mel de Ourense, elaborado en harmonía co lado máis salvaxe da alta montaña ourensá e os montes de Galicia.
Próbao e compróbao por ti mesmo!
