Envío gratuito por compras superiores a 60€

Queres comprar mel caseiro online?

Comprar mel caseiro online nunca foi máis doado!

Onde estamos?

Raíña Celta nace na provincia de Ourense, concretamente, no Irixo, onde se leva a cabo todo o proceso, dende a colleita de néctar ata o envasado.

Quen somos?

Somos Andrea e Brais, dous xóvenes apicultores galegos que decidiron comezar esta aventura.

Se queres comprar mel caseiro de calidade, feito con moito agarimo e paciencia, chámanos ou contáctanos por WhatsApp, estaremos encantados de atenderte!

QuE nos mOve?

O apoio ao retorno ao rural galego e combater o despoboamento da nosa terra, fomentando unha agricultura sostible.

QUERES COMPRAR MEL autóctono?

Raíña Celta

Raíña Celta

Ola! Quero comprar mel! 😋🙌🏻

Ola! Cóntanos as túas dúbidas ou fai o teu pedido! 🍯🐝😋

Tarro de miel casera raíña celta de Ourense de 250 gramos para comprar online

Dubidas ANTES DE COMPRAR mel caseiro?

Entendemos que poidas ter preguntas sobre o noso mel e as súas características, sobre os nosos procesos de produción ou como comprar o teu mel cru. Non dubides en contactarnos a través do formulario de abaixo e estaremos encantados de proporcionarche a información que precisas. Mentres, tentaremos resolver algunhas das dúbidas máis frecuentes sobre o noso mel caseiro.

O noso mel é 100% natural?

Si, o noso mel é mel caseiro, o de toda a vida, completamente natural. A única intervención humana que hai no proceso é o extraído e envasado do mel de forma artesanal.

Que tipo de mel é Raíña Celta?

Dentro de cada tarro hai mel elaborado maioritariamente con predominancia de néctar de castiñeiro. Isto apórtalle o seu característico ton escuro e roxizo e o seu espesor.

De que se compón o noso mel?

Raíña Celta é a opción que buscas se queres comprar un mel cru autóctono, sen alteracións. Unicamente procede de néctar colleitado polas abellas nos montes virxes do Irixo, Ourense. A súa composición ten unha porcentaxe maioritaria de castiñeiro.

Comprar mel caseiro e envialo é seguro?

Si, podes comprar o noso noso mel caseiro en tenda física e tamén facemos envíos. O envío non perxudica a súa calidade aínda que sexa mel cru.

Facemos pedidos personalizados de mel?

Si. Adaptámonos ao que pidas. Precisas mel para regalar ou para unha ocasión especial? Coméntanos preparámolo con más agarimo aínda!

Podo comprar mel caseiro dende calquera parte de España?

Si, podes mercar o noso mel vivas onde vivas, facemos envíos!

COMO SE FAI UN MEL caseiro, 100% NATURAL E ARTESÁN?

auténtico mel cru  non podería nacer sen unha boa base, a que lle aporta o néctar dos montes de breixo e castiñeiro do interior do Noroeste peninsular, onde se atopan os nosos colmeares.

Só iso supón o 80% do resultado. O 20% restante apórtano o bo facer das abellas e a nosa dedicación como apicultores, coidando ao máximo cada detalle. dende o coidado do colmear ata o envasado e o etiquetado. Do contrario, non poderiamos falar dun auténtico mel caseiro.

As abellas transforman o néctar en mel

Elaboración

Os nosos colmeares atópanse nos montes da alta montaña ourensá, lonxe de calquer contaminante.

O Irixo (Ourense)

Cada tarro de mel envásase de maneira artesán

Extraído e envasado

Envasamos, etiquetamos e preparamos cada pedido á man,, con moitísimo coidado e agarimo.

O Irixo (Ourense)

Directa ao teu padal!

Saboréao!

Ao ser 100% mel cru, o noso mel caseiro de castiñeiro ten unha textura densa e suave, que se funde moi ben na boca.

O Irixo (Ourense)

Mel para todos!

Comparte a experiencia!

Se che gustou, comparte o noso mel con amigos e familiares, failles a vida máis doce!

O Irixo (Ourense)

Se queres comprar mel caseiro, cru, natural, artesán e autóctono, contacta con nós

Se estás listo para gozar do auténtico mel caseiro, o de toda a vida, non o dubides! Estamos dispostos a responder ás túas preguntas, proporcionarche máis información ou asistirche no proceso de comprar o noso mel cru.

Por favor, emprega o seguinte formulario para poñerte en contacto con nós. Asegúrate de incluír os teus detalles e calquera consulta que poidas ter. Responderémosche o máis pronto posible.

LISTO PARA COMPRAR MEL caseiro?

Cóntanos as túas dúbidas ou contacta con nós para realizar o teu pedido de mel!

Se prefires falar connosco directamente ou queres comprar o teu mel cru en persoa, no seguinte botón tés os nosos detalles de contacto. Tanto se tes algunha dúbida coma se queres contactarnos para comprar mel, estaremos encantados de axudarche. 

SÉguenos en Instagram!

Se queres saber todos os detalles acerca do noso mel, séguenos en Instagram!

GUSTOUCHE O NOSO MEL?

Se te decidiches a comprar o noso mel cru e gustouche, déixanos unha reseña en Google! Axudarásnos enormemente no noso proxecto!

Raíña Celta Miel Casera Autóctona, Lugar, Camiño de Arriba, 14, 32536 Dadín, Province of Ourense

Contacta CON NÓS!

Se tés algunha dúbida acerca do noso mel ou queres realizar un pedido, chámanos, escoitámoste!

Tarro de miel casera raíña celta de Ourense de 250 gramos para comprar online

¡Contacta con nosotros!

Si tienes alguna duda acerca de nuestra miel o quieres realizar un pedido, ¡Llámanos, te escuchamos!

Tarro de miel casera raíña celta de Ourense de 250 gramos para comprar online