Envío gratuito por compras superiores a 60€

UN MEL ARTESÁN
CHEO DE HISTORIA

Raíña Celta nace na alta montaña ourensá

Concretamente, no Irixo. Aí é onde comeza todo. A nosa historia parte do amor pola natureza e polas nosas raíces no rural galego. Quixemos ser fieis a iso e así nace Raíña Celta, un mel autóctono, caseiro e artesán.

Flores de bosques gallegos de donde procede la miel gallega artesanal Raíña Celta
Flores de brezo de bosques gallegos de donde procede la miel gallega artesanal Raíña Celta

De que se compón o noso mel?

Ao ser un mel caseiro, artesán e 100% natural, unicamente se compón do que as abellas obreiras colleitan nas flores de bosques do interior de Galicia e un ingrediente máxico.

Breixo
0%
Castiñeiro
0%
Flores
0%
Agarimo
0%

Unha contorna 100% natural

Os nosos colmeares atópanse nunha contorna privilexiada, no interior da "Galicia Profunda".

Mel Raíña Celta parte de pole colleitado nos nosos montes, lonxe de campos de cultivo e zonas habitadas.

Por tanto, no noso mel non atoparás nin rastro de pesticidas ou contaminantes.

Apicultor recolectando miel gallega en su colmenar en Galicia, en medio del bosque.
Apicultor observando su colmenar en Galicia, en medio del bosque.

Mel artesán, o de toda a vida

O noso mel é mel artesán, caseiro, mel cru e auténtico, directo do apicultor.

Dende o principio, comprometémonos a manter a autenticidade do mel de sempre.

Por iso, cada tarro de mel é o resultado dun proceso natural e artesán coidadoso, que abarca desde a elaboración do mel polas abellas, ata a recolección, a extracción e o envasado totalmente artesán.

Cremos que a artesanía é a clave para preservar a riqueza dos sabores e beneficios naturais do noso mel.

Mel caseiro e sostible

En Mel Raíña Celta non só estamos comprometidos con producir mel de calidade premium, senón que tamén abrazamos a responsabilidade ambiental.

Por iso, levamos acabo prácticas de apicultura sostible, primando sempre o respecto ao medioambiente e o benestar das abellas.

Apicultor observando su colmenar en Galicia, en medio del bosque.

Quixemos pór á túa disposición un sitio onde poder comprar mel artesán en liña

Porque cando algo é bo, hai que compartilo.

E así o fixemos. Quixemos que nada impedise o voo a Raíña Celta e decidimos engadir ao noso proxecto un lugar onde puideses comprar mel caseiro online.

Así que tanto se vives en Galicia pero aínda así os nosos locais de venda física quédanche a desmán, coma se vives en calquera parte de España, podes comprar mel caseiro directamente na nosa web.

Contacta con nós e faremos que Raíña Celta chegue a ti, esteas onde esteas!

Raíña Celta

Raíña Celta

Ola! Quero mercar mel! 😋🙌🏻

¡Hola!! ¡Cuéntanos tus dudas o haz tu pedido! 🍯🐝😋

Contacta CON NÓS!

Se tés algunha dúbida acerca do noso mel ou queres realizar un pedido, chámanos, escoitámoste!

Tarro de miel casera raíña celta de Ourense de 250 gramos para comprar online

¡Contacta con nosotros!

Si tienes alguna duda acerca de nuestra miel o quieres realizar un pedido, ¡Llámanos, te escuchamos!

Tarro de miel casera raíña celta de Ourense de 250 gramos para comprar online