RAÍÑA CELTA​

Mel caseiro galego. Mel de flores. Mel de breixo. Mel puro.

Mel caseiro galego, directo do colmear, elaborado con pole que as abellas colleitan nas paraxes virxes dos montes galegos, lonxe de calquer contaminante.

Mel artesán, extraído e envasado á man. Venda directa do apicultor, sen intermediarios. Do colmear á túa despensa.

Para consumir. Para regalar. Para facerche a vida máis doce e facérllela a aqueles a quen queres.

Mel natural

Mel 100% natural. Mel de flores elaborado exclusivamente con pole colleitado polas abellas obreiras de flor en flor mediante o traballo de todo o ano. Ao ser un mel natural sen procesar, é un mel escuro e denso, espeso, que conquistará calquera padal.

Mel Artesán

Mel artesán de Galicia. O segredo do noso mel é que os colmenares aténdense e revísanse colmea a colmea, unha por unha, con paciencia e moito agarimo. Despois, realizamos o proceso de extraído e envasado á man, panal a panal e tarro a tarro.

Mel cru

Mel cru, mel puro. Mel orgánico e directo do apicultor, sen intermediarios. Mel caseiro galego como o que nos daban os nosos avós. Sen conservantes nin alteracións, e mantendo todas as súas propiedades naturais.

MEL CASEIRO GALEGO,
mel natural,
mel cru,
mel puro

A esencia dos bosques galegos en cada tarro do noso mel

As nosas abellas atópanse repartidas por colmeares nos montes virxes da Galicia rural, da Galicia Profunda.

Concretamente, o noso mel prodúcese nun pequeno concello da provincia de Ourense.

Subindo O Carballiño, atopámonos co Irixo, unha aldea galega de montaña onde os seus apenas mil habitantes seguen facendo as cousas amodo, con calma e agarimo.

mel caseIro galego,
o de sempre.

GALICIA: UNha orixe NATURAL QUE NOS fai úNICOS

Compromiso coa calidade e a tradición, eses son os nosos puntos cardinais. Cremos que vivir no e do rural galego é posible, ofrecendo un produto de calidade premium. Porque non mereces menos. 

Tanto as nosas abellas como nós esforzámonos cada día porque o noso traballo chegue o máis directo posible, por ofrecerche un mel directo do apicultor, galega, natural e artesanal, do colmenar á túa boca.

Producimos un mel caseiro galego, como sempre se fixo. Mel natural sen procesar, sen intermediarios nin ningún outro paso no proceso que o extraído e o envasado de maneira artesanal.

Colleita do néctar e elaboración do mel

As nosas abellas colleitan o néctar de flores silvestres da alta montaña ourensá. É así, na Galicia profunda e lonxe de calquer contaminante, como se consegue un mel caseiro galego, de verdade, que captura o sabor único da nosa terra.

Extraído astesán do mel do panal

Unha vez ao ano é a hora de recoller o labrado polas abellas obreiras. Os panais sácanse de cada colmea de maneira manual e trasládanse á sala de extracción, onde se abren e baleiran para obter o mel que hai no seu interior.

cada tarro de mel é envasado á man

Cada tarro de mel é elaborado con coidado. O mel cru, puro, extraído dos panais repousa para enxalzar e homoxeneizar tódalas súas propiedades e, despois, envásase e etiquétase á man, tarro a tarro. Así garantimos o coidado que mereces.

Os nosos tipos de mel

Mel de BREIXO OU CARRASCO​

Unha das flores máis representativas da montaña ourensá é o breixo ou carrasco. Para representar a nosa terra decidimos crear a maiores un mel monofloral de breixo, que varía lixeiramente en aroma e textura do mel de flores.

RAÍÑA CELTA

Mel caseiro galego

Non quedes co mel nos beizos. Próbanos.

Raíña Celta

Raíña Celta

Ola! Quero comprar mel! 😋🙌🏻

Ola! Cóntanos as túas dúbidas ou fai o teu pedido! 🍯🐝😋

Contacta CON NÓS!

Se tés algunha dúbida acerca do noso mel ou queres realizar un pedido, chámanos, escoitámoste!

¡Contacta con nosotros!

Si tienes alguna duda acerca de nuestra miel o quieres realizar un pedido, ¡Llámanos, te escuchamos!