Envío gratuito por compras superiores a 60€

Caixa regalo 2 tarros + 1 vela + 1 xabón

Un lote artesán pensado para os que gozan dos praceres naturais. Este pack inclúe dous tarros de mel de castiñeiro, unha vela de cera pura e un xabón de mel feito con ingredientes naturais, presentado con coidado na súa caixa de madeira.

28,00 

Pack de dous tarros de mel, vela artesá e xabón natural

Este pack é un dos máis completos para agasallar unha experiencia auténtica do noso rural. Unimos a dozura da nosa colleita do Irixo con produtos de cosmética con ingredientes naturales que respectan a natureza, creando un detalle equilibrado e moi útil para o día a día.

Que inclúe este pack agasallo?

  • 2 tarros de mel de castiñeiro (250g cada un): o noso mel de sempre, cru e sen mesturas. Provén dos nosos bosques en Ourense, onde as abellas recollen o néctar de castiñeiros autóctonos para dar como resultado un mel escuro de sabor inconfundible.
  • 1 vela de mel e cera de abella: elaborada artesanalmente con cera natural. É ideal para gozar dunha luz cálida e un recendo suave que axuda a desconectar despois dun longo día, sen fumes artificiais.
  • 1 xabón de mel natural: un detalle de cosmética apícola que limpa e hidrata a pel de forma suave. Feito a man, é o complemento perfecto para un baño relaxante e natural.
  • Extras: entrégase nunha caixa de madeira de calidade e inclúe o palito de madeira para servir o mel de forma tradicional.

Un agasallo con alma rural

Nas nosas colmeas traballamos de forma artesá, e cada pack é un reflexo dese esforzo por manter o local. É un agasallo perfecto para invitados en datas especiais, para un aniversario ou para sorprender cun detalle de Nadal que ten nome e apelidos de aquí.

Información de envío e compra

📍 Tendas físicas: visítanos en Ourense ou Santiago de Compostela. 

📦 Envíos: realizamos envíos seguros a toda Galicia e España para que o teu agasallo chegue listo para abrir e gozar.

0/5 (0 Reviews)

Contacta CON NÓS!

Se tés algunha dúbida acerca do noso mel ou queres realizar un pedido, chámanos, escoitámoste!

Tarro de miel casera raíña celta de Ourense de 250 gramos para comprar online

¡Contacta con nosotros!

Si tienes alguna duda acerca de nuestra miel o quieres realizar un pedido, ¡Llámanos, te escuchamos!

Tarro de miel casera raíña celta de Ourense de 250 gramos para comprar online