Envío gratuito por compras superiores a 60€

Caixa regalo 1 tarro + 1 vela

Un detalle único que inclúe o noso tarro de mel de castiñeiro e unha vela artesanal de cera de abella, presentado con mimo na súa caixa de madeira.

19,50 

Hai agasallos que invitan a deterse e gozar. Este pack agasallo foi deseñado para quenes aprecian o auténtico e buscan un detalle orixinal.

Que atoparás neste pack?

  • 1 tarro de mel de castiñeiro (250g): directamente dende os nosos colmeares no Irixo. É un mel de cor escura, cru e sen aditivos, que conserva todas as propiedades do bosque galego. Un sabor intenso e auténtico que conquista calquera padal.
  • 1 vela de mel e cera pura: elaborada a man de forma 100% artesanal. A diferenza das velas de parafina, as nosas velas de cera de abella limpan o ambiente ao acenderse e desprenden un aroma natural e doce, sen fragrancias artificiais. A combinación do mel puro e o aroma sutil da cera natural crea unha atmosfera acolledora e saudable.
  • Extras: o pack complétase cun pauciño meleiro de madeira e entrégase nunha coidada caixiña de madeira, lista para sorprender.

Regala artesanía rural galega 

Cada caixa prepárase unha a unha, seleccionando manualmente os mellores produtos do noso catálogo. Ao elixir este pack, estás regalando un pedaciño de Ourense e apoiando a apicultura tradicional. É o detalle perfecto para unha visita a amigos, un agasallo de empresa orixinal ou como un detalle de Nadal que destaca pola súa sinxeleza e elegancia.

Información de envío e compra: 

📍 Venda física: podes recollelo nas nosas tendas de Ourense e Santiago de Compostela. 📦 Envíos: Chegamos a calquera rincón de Galicia e España.

0/5 (0 Reviews)

Contacta CON NÓS!

Se tés algunha dúbida acerca do noso mel ou queres realizar un pedido, chámanos, escoitámoste!

Tarro de miel casera raíña celta de Ourense de 250 gramos para comprar online

¡Contacta con nosotros!

Si tienes alguna duda acerca de nuestra miel o quieres realizar un pedido, ¡Llámanos, te escuchamos!

Tarro de miel casera raíña celta de Ourense de 250 gramos para comprar online