Envío gratuito por compras superiores a 60€
Un detalle moi completo que combina o sabor da nosa terra co coidado natural. Este pack inclúe un tarro de mel de castiñeiro, unha vela de cera pura e mel e un bálsamo labial protector, todo presentado na súa caixa de madeira.
26,00 €
Se buscas un agasallo que sexa práctico pero á vez moi especial, este pack é unha aposta segura. Reunimos tres esenciais da colmea que ofrecen unha experiencia de benestar total, dende o sabor intenso do mel ata a luz dunha vela natural.
Preparamos cada pack de forma individual, co mesmo cariño co que coidamos as nosas colmeas en Ourense. É un detalle perfecto para aniversarios, para ter un xesto cun compañeiro de traballo ou simplemente para sorprender a alguén que valora os produtos artesáns e de proximidade.
📍 Tendas físicas: Ven vernos a Ourense ou Santiago de Compostela.
📦 Envíos:Enviamos a diario a toda Galicia e España para que o teu agasallo chegue perfecto ao seu destino.
Se tés algunha dúbida acerca do noso mel ou queres realizar un pedido, chámanos, escoitámoste!

Si tienes alguna duda acerca de nuestra miel o quieres realizar un pedido, ¡Llámanos, te escuchamos!
