Envío gratuito por compras superiores a 60€
Xabón de propóleo e cera de abella con ingredientes naturais en formato sólido. Coida a túa pel con limpeza suave e protección antioxidante. Apto para peles normais e sensibles. Máxima limpeza, hidratación e suavidade nun só xabón, e con ingredientes naturais!
5,50 €
O xabón de propóleo de Raíña Celta é un xabón sólido natural formulado para ofrecer unha limpeza eficaz sen agredir a pel. Elaborado con propóleo, cera de abella e glicerina vexetal, este xabón proporciona hidratación, protección antioxidante e unha barreira natural contra as agresións externas.
É ideal tanto para o corpo como para o rostro, e está especialmente recomendado para peles normais e sensibles, xa que evita a sequedade e deixa unha sensación de suavidade natural.
Este xabón natural para o corpo e o rostro destaca pola súa combinación de ingredientes de calidade:
O propóleo é coñecido polas súas propiedades antisépticas, antioxidantes e rexeneradoras. Axuda a manter a pel protexida das agresións ambientais e favorece a súa reparación natural.
A cera de abella forma unha película protectora sobre a pel que sela a hidratación, evitando a perda de humidade, proporcionando unha hidratación duradeira e deixando a pel suave e flexible.
A glicerina é un ingrediente esencial en calquera xabón natural sólido, xa que axuda a manter a humidade da pel, evitando a sequedade e proporcionando unha sensación de suavidade.
✔ Xabón sólido natural, sen sulfatos nin parabenos.
✔ Limpia sen resecar, ideal para peles normais e sensibles.
✔ Aporta hidratación, suavidade e protección antioxidante.
✔ Aroma natural e textura cremosa.
✔ Apto para uso facial e corporal.
Os xabóns naturais sólidos son unha alternativa máis sostible aos xeles líquidos convencionais, xa que:
Evitan envases plásticos innecesarios.
Teñen unha maior duración.
Están elaborados con ingredientes naturais e biodegradables.
Se buscas un xabón sólido natural para o corpo e o rostro, que limpe sen agredir e coide a túa pel coa esencia do rural galego, este xabón de propóleo é para ti!
1️⃣ Molla as mans e a pastilla de xabón con auga morna.
2️⃣ Frota suavemente ata obter escuma.
3️⃣ Aplica sobre a pel do rostro ou do corpo con masaxe circular.
4️⃣ Aclara con abundante auga.
5️⃣ Gárdao nun lugar seco para prolongar a súa duración.
⚠ Precaucións: Uso externo. Non inxerir. Manter fóra do alcance dos nenos.
O noso xabón de propóleo e cera de abella proporciona un coidado profundo para a túa pel. A súa formulación, que inclúe cera de abella, propóleo e ingredientes naturais, está deseñada para limpar e acondicionar a pel de maneira natural, deixando unha sensación de nutrición, frescura e suavidade.
O xabón natural de propóleo e cera de abella é ideal para quen busca un coidado da pel natural, respetuoso co medioambiente e efectivo. Con ingredientes de alta calidade, este xabón limpa, nutre e revitaliza a pel, deixando unha sensación de benestar duradeira.
Ademais, a nosa gama de produtos cosméticos componse unicamente de cosmética natural, respetuosa tanto coa túa pel ou cabelo coma co medio ambiente.
Moi natural, moi galega, moi rural. Así é o xabón con propóleo e cera natural e toda a gama de cosméticos de Raíña Celta. Cosmétina natural, elaborada con ingredientes naturais.
Elexindo os nosos produtos, garantes o coidado eficaz da túa pel, ao tempo que apoias un proxecto comprometido co desenvolvemento sostible e co apoio á economía rural galega.
Proba o xabón de propóleo, cera de abella e ingredientes naturais para unha pel máis suave, hidratada e protexida cunha elección consciente e sostible.

Se tés algunha dúbida acerca do noso mel ou queres realizar un pedido, chámanos, escoitámoste!

Si tienes alguna duda acerca de nuestra miel o quieres realizar un pedido, ¡Llámanos, te escuchamos!
