Envío gratuito por compras superiores a 60€

Pack mini tarros de mel para regalar

Packs regalo de mini tarros de mel de castiñeiro autóctono e caseiro, velas de mel artesanais e/ou cosmética natural con mel. Ideal para regalar. Feitos á man con produtos 100% naturais. Cada tarro está recheo de mel natural, autóctono, extraído, envasado e etiquetado á man, en frío, sen pasteurizar. Sen aditivos nin procesos químicos. Venda física en Ourense e en Santiago de Compostela e venda online a toda Galicia e envíos a toda España. Regala produto local, regala rural e acertarás!

16,50 25,50 

Os nosos packs regalo serán unha doce sorpresa. Regálallos a quen queres e quedarás coma unha Raíña, ou un Rei.

Están conformados por:

  • Mini tarros de de 250gr de mel caseiro de castiñeiro, autóctono, colleitado nos colmeares que temos asentados nos montes do Irixo, Ourense.
  • Velas de mel e cera de abella natural, completamente naturais e artesanais. Feitas por nós á man, co mel e a cera das nosas abellas como únicos ingredientes.
  • Cosmética natural con mel: xabón de mel natural, xabón de mel e eucalipto, bálsamo labial…

Elixe a combinación que máis che guste, podemos configuralos como ti queiras! 🤗

Cada pack pode incluir un, dous ou tres tarros de 250gr de mel, en función da combinación que elixas. Mel de castiñeiro autóctono, completamente natural, que extraemos artesanalmente. De cor escura e textura suave.

📍 Venda física en Ourense e en Santiago de Compostela.

📦 Facemos envíos a toda Galicia e España!

Escolle os nosos mini tarros de mel para regalar en vodas, comuñóns ou incluso polo Nadal, ou simplemente para ter un detalle especial. Son o formato perfecto para iso!

No seu interior hai 250gr de mel de castiñeiro, autóctono, artesanal e 100% natural, procedente dos nosos colmeares ubicados no Irixo, nas montañas de Ourense. 🌿

Mel cru, puro, sen adulterar, colleitado, envasado e etiquetado á man, un agasallo único!

Un mel orgánico que capta o sabor puro da natureza da nosa terra. 🌸.

Sen adictivos nin procesos químicos, o que garante a súa frescura e autenticidade. 🍯

Un produto local e 100% rural, do noso colmeare á túa casa, ou á de quen ti queiras, que máis se pode pedir? 😌

Tódolos packs incluen pauciño de madeira e van en caixiña de madeira 🪵.

📲 600 281 220

📲 661 20 74 95

Contacta CON NÓS!

Se tés algunha dúbida acerca do noso mel ou queres realizar un pedido, chámanos, escoitámoste!

Tarro de miel casera raíña celta de Ourense de 250 gramos para comprar online

¡Contacta con nosotros!

Si tienes alguna duda acerca de nuestra miel o quieres realizar un pedido, ¡Llámanos, te escuchamos!

Tarro de miel casera raíña celta de Ourense de 250 gramos para comprar online