Envío gratuito por compras superiores a 60€
Bálsamo labial reparador con mel, xalea real e cera de abella, feito en Galicia, concretamente, no rural galego. Moi natural, moi rural. Coida a túa pel con ingredientes naturais como o mel de Galicia IXP, a xalea real, a cera de abella, aceites esenciais e vitamina E. Máxima hidratación e coidado nun só bálsamo reparador, e só con ingredientes naturais!
4,50 €
Descubre o segredo mellor gardado para uns beizos suaves, protexidos e intensamente hidratados. O noso bálsamo labial reparador é a solución definitiva para o coidado dos teus beizos, especialmente formulado con ingredientes naturais de calidade e procedentes das nosas abellas, como o noso mel, xelea real ou cera de abella.
O noso Bálsamo Labial Reparador é moito máis que un simple produto cosmético; é unha forma de coidado natural dos teus beizos, grazas á combinación de ingredientes como o mel ou a cera de abella, procedentes das nosas colmeas e totalmente naturais. Perfecto para quen busca unha cosmética natural de verdade e de calidade, e desexa un bálsamo que ofreza hidratación intensa, protección duradeira e unha reparación visible.
Belacolmea nace nunha contorna rural, onde se valora a solidariedade e a preservación da cultura local. Este proxecto é un exemplo de como a diversificación na produción apícola pode impulsar o desenvolvemento rural de forma sostible e ecolóxica, apoiando a conservación da contorna. Ao elixir o noso bálsamo labial con Mel de Galicia IXP, coidas os teus beizos mentres apoias prácticas sostibles que respectan a natureza e fomentan a economía local. Aporta aos teus beizos suavidade, protección e hidratación ao mesmo tempo que fas unha elección consciente que beneficia tanto a ti coma ao medio ambiente.
Elixe o noso bálsamo labial con Mel de Galicia IXP! Di adeus aos beizos secos e gretados e dá a benvida a uns beizos suaves, protexidos e radiantes durante todo o día!
Se tés algunha dúbida acerca do noso mel ou queres realizar un pedido, chámanos, escoitámoste!
Si tienes alguna duda acerca de nuestra miel o quieres realizar un pedido, ¡Llámanos, te escuchamos!