Envío gratuito por compras superiores a 60€
A opción perfecta para os grandes consumidores de mel que valoran o coidado natural. Inclúe tres tarros de mel de castiñeiro de 250g e un xabón elaborado con ingredientes naturais como própole e cera, todo na súa caixa de madeira.
28,50 €
Este pack é a nosa proposta máis completa para quen non quere quedar sen existencias do noso mel ourensán, incluíndo, ademáis, un detalle distinto e especial, como o é o noso xabón de mel. Ao combinar unha xenerosa cantidade de mel cun xabón rico en ingredientes naturais da colmea, é un agasallo práctico e saudable, directo dos nosos colmenares en Ourense.
Cada caixa que preparamos é un reflexo do noso compromiso co rural galego e a apicultura tradicional. Ao elixir este pack, estás adquirindo un produto local, envasado e etiquetado manualmente por nós mesmos. É o detalle ideal para familias, para un agasallo de agradecemento ou para ter un detalle especial no Nadal cun produto artesán de calidade.
📍 Tendas físicas: podes compralo nos nosos puntos de venda de Ourense e Santiago de Compostela.
📦 Envíos: enviamos a diario a toda Galicia e España, asegurando que o teu pack chegue rápido e en perfectas condicións.




Se tés algunha dúbida acerca do noso mel ou queres realizar un pedido, chámanos, escoitámoste!

Si tienes alguna duda acerca de nuestra miel o quieres realizar un pedido, ¡Llámanos, te escuchamos!
