Envío gratuito por compras superiores a 60€

Pack agasallo 1 tarro + 1 vela + 1 xabón + 1 labial

 O noso pack máis variado para quen o quere todo. Unha selección completa dos nosos produtos artesáns: mel de castiñeiro, vela de cera pura, xabón natural e bálsamo labial, presentados con cariño na súa caixa de madeira.

28,00 

Se non te decides por un só produto, este pack é a solución. É a nosa combinación máis completa para gozar de todos os beneficios da colmea nun mesmo agasallo. Un detalle pensado para coidar cada aspecto, dende o almorzo ata o coidado da pel.

Que inclúe este pack agasallo?

  • 1 tarro de mel de castiñeiro (250g): o noso mel máis representativo. É escuro, intenso e totalmente cru, tal como sae do panal, para que non perda nin un chisco do seu sabor natural.
  • 1 vela de mel e cera de abella: feita a man coa cera das nosas propias abellas. Ao acendela nótase a diferenza; o ambiente séntese máis limpo e cheira de marabilla de forma natural.
  • 1 xabón de mel natural: artesán e delicado, perfecto para o uso diario. Limpa a pel con suavidade sen resecala,usando as propiedades hidratantes do própole.
  • 1 bálsamo labial de cera natural: para levar sempre enriba. Protexe os labios do frío e do sol, grazas a que a nosa fórmula artesá inclúe protector solar.
  • Extras: non falta o clásico palito de madeira para o mel e a caixiña de madeira que o deixa listo para agasallar.

Un agasallo moi galego

Nos nosos colmeares de Ourense traballamos de forma artesanal e tranquila, e iso nótase en cada pack que montamos a man. É un agasallo ideal para esas ocasións onde queres quedar realmente ben, xa sexa un aniversario, un detalle especial de empresa ou un agasallo de Nadal diferente e con orixe galega.

Información de envío e compra 

📍 Tendas físicas: visítanos en Ourense ou Santiago de Compostela para ver os nosos produtos de preto. 

📦 Envíos: mandamos paquetes a toda Galicia e España todos os días, coidando que cheguen sempre perfectos.

0/5 (0 Reviews)

Contacta CON NÓS!

Se tés algunha dúbida acerca do noso mel ou queres realizar un pedido, chámanos, escoitámoste!

Tarro de miel casera raíña celta de Ourense de 250 gramos para comprar online

¡Contacta con nosotros!

Si tienes alguna duda acerca de nuestra miel o quieres realizar un pedido, ¡Llámanos, te escuchamos!

Tarro de miel casera raíña celta de Ourense de 250 gramos para comprar online