Envío gratuito por compras superiores a 60€
A combinación perfecta de nutrición e coidado para a pel. Este pack inclúe dous tarros do noso mel de castiñeiro de 250g e un xabón natural de mel feito con ingredientes naturais, todo presentado na súa caixa de madeira artesá.
24,00 €
Este pack regalo está pensado para quen busca un detalle útil, saudable e con todo o sabor da montaña ourensá. Ao incluír dous tarros do noso mel máis característico, é o agasallo ideal para asegurar unha boa subministración de enerxía natural na casa, complementado coa suavidade da nosa cosmética artesá.
Cada caixa prepárase unha a unha no noso obrador, con produtos que saen directamente dos nosos colmenares. É un detalle perfecto para amigos, familiares ou como agasallo corporativo que destaca pola súa autenticidade e orixe galega. Un pedaciño de Ourense nunha caixiña de madeira.
📍 Venda física: dispoñible nas nosas tendas de Ourense e Santiago de Compostela.
📦 Envíos: realizamos envíos rápidos a toda Galicia e España para que o teu pedido chegue fresco e a tempo.
Se tés algunha dúbida acerca do noso mel ou queres realizar un pedido, chámanos, escoitámoste!

Si tienes alguna duda acerca de nuestra miel o quieres realizar un pedido, ¡Llámanos, te escuchamos!
