Envío gratuito por compras superiores a 60€
Sorprende este Día do Pai cun agasallo auténtico! 🎁 A nosa caixa regalo para o Día do Pai inclúe mel galego puro, xabón natural, velas de cera e unha navalla de Taramundi gravada. Podes combinalos como queiras! 🚚 Envíos a toda Galicia e España.
35,00 € - 40,50 €Rango de prezos: desde 35,00 € ata 40,50 €
Se buscas ideas de regalo para o Día do Pai que sexan especiais, auténticas e inesquecibles, atopácheste co detalle perfecto. A nosa caixa regalo para o Día do Pai é un agasallo único e co que seguro sorprendes este ano. Un agasallo 3 en 1: unha experiencia de sabor, tradición e calidade. Porque os mellores pais merecen o mellor.
🍯 Mel cru de castiñeiro (1, 2 ou 3 botes de 250 g): un mel intenso e escuro, cun lixeiro toque amargo. Puro, sen filtrar nin paseurizar, sen procesos industriais. Colleitado e envasado á man nos nosos enxames, repartidos polos montes do Irixo, en Ourense.
🕯️ Unha ou dúas velas de cera de abella natural: feitas artesanalmente coa cera das nosas propias colmeas. Sen parafinas nin aditivos, cun arrecendo suave e doce a mel.
🛁 Xabón natural de mel: feito por nós con ingredientes naturais e co mel das nosas colmeas. Hidrata, nutre e deixa a pel suave, sen químicos agresivos.
🔪 Navalla de Taramundi gravada: a guinda da caixa. Unha navalla artesanal, feita en Taramundi e gravada aquí cun gravado especial. Unha peza artesanal, de calidade e, ademais, bonita.Un clásico atemporal, con acabado elegante e mateirais de primeira.
🎁 Presentación premium – Cada caixa regalo prepárase á man, coidando ata o máis mínimo detalle. Preséntase en caixa de madeira rústica, que engade un toque elegante e sofisticado e fai lucir moito máis o regalo.
Se queres que chegue a tempo para o Día do Pai, fainos a túa encarga canto antes. Ademais, son edición limitada, pide a túa antes de que se escogen!
💛 Regala autenticidade, tradición e un chisquiño de dozura coas nosas caixas regalo para o Día do Pai. Un agasallo diferente para un pai único!
📲 Fai o teu pedido agora e sorpréndeo este ano!




Se tés algunha dúbida acerca do noso mel ou queres realizar un pedido, chámanos, escoitámoste!

Si tienes alguna duda acerca de nuestra miel o quieres realizar un pedido, ¡Llámanos, te escuchamos!
