Envío gratuito por compras superiores a 60€
Un agasallo único, natural e feito á man para a muller máis importante. Mel cru, velas artesanais, cosmética natural e unha rosa de crochet feita á man, en caixa de madeira. Sorpréndea este Día da Nai cun detalle artesán con firma galega! 🚚 Envíos a toda Galicia e España.
28,50 € - 37,50 €Rango de prezos: desde 28,50 € ata 37,50 €
Se estás buscando o mellor agasallo para o Día da Nai, algo orixinal, feito con agarimo e que diga “grazas por todo”, esta caixa regalo para o Día da Nai é xusto o que precisas. Feita para emocionar, sorprender e coidar, e como non podía ser doutro xeito, con produto 100% local. O mellor das nosas colmeas, coa calidez dunha rosa de crochet feita a man.
É moito máis ca unha simple caixa: é unha homenaxe en forma de produtos únicos, galegos e feitos a man. Un agasallo orixinal para o Día da Nai que lembrará sempre.
🌸 Mel crúa de castiñeiro (250 g): pura, sen filtrar nin procesar, recollida, extraída e envasada artesanalmente por nós, directamente dos nosos colmeares en Ourense. Cun sabor intenso e natural para adozar os días máis especiais.
🕯️ Velas de cera de abella natural: feitas artesanalmente coa cera das nosas propias colmeas. Un agasallo para o Día da Nai feito a man, cun suave arrecendo a mel (¡ata darán ganas de probalas!) e en múltiples formas (si, darache pena acendelas).
🛁 Xabón natural con própole: elaborado con ingredientes naturais, própole e cera de abella. Coida e hidrata a pel de forma natural e é apto para peles sensibles.
🌹 Bálsamo labial con própole e protección solar: Para coidar os beizos tanto no inverno como no verán. Elaborado artesanalmente con cera, aceites vexetais e extracto de própole.
🌿 Presentación premium en caixa de madeira: todo o contido vai nunha caixa de madeira que achega ese toque artesanal e de calidade acorde ao interior. Cada caixa prepárase a man, unha a unha, coidando todos os detalles. Se buscas agasallos feitos a man para o Día da Nai e con sentimento, este é o teu.
¿Non podes recollelo ou entregalo ti? Sen problema. Facemos envíos a domicilio para o Día da Nai por toda Galicia e España. Só tes que indicarnos a túa dirección ou a dela, e enviámolo onde nos digas. Iso si, prepárao con tempo, que hai poucas unidades.
Esta caixa regalo Día da Nai é unha das mellores ideas de agasallo para o Día da Nai se buscas algo auténtico, diferente, e un detalle que diga moito sen falar. É ideal para quen quere apostar por agasallos orixinais para o Día da Nai, agasallos personalizados e con valor artesanal.
Fai que este ano sexa inesquecible cun agasallo especial polo Día da Nai, creado con agarimo desde o rural galego. Porque ela mereceo todo.
📲 Fai o teu pedido agora e sorprende á túa nai cun agasallo tan único coma ela.




Se tés algunha dúbida acerca do noso mel ou queres realizar un pedido, chámanos, escoitámoste!

Si tienes alguna duda acerca de nuestra miel o quieres realizar un pedido, ¡Llámanos, te escuchamos!
