Envío gratuito por compras superiores a 60€

Bálsamo labial reparador con própolis e protector solar

Bálsamo labial reparador con própolis e proteción solar. Fórmula natural que hidrata, repara e protexe os beizos do vento e do sol. Moi natural, moi rural. Cosmética natural con esencia apícola. Máxima hidratación nun só bálsamo labial, e só con ingredientes naturais!

4,50 

🐝 Bálsamo labial natural con própole e protección solar

Beizos secos ou gretados?

Proba o bálsamo labial natural con própole e protección solar de Raíña Celta. Unha fórmula hidratante e reparadora, perfecta para o coidado diario.

Formulado con ingredientes naturais e extracto de própole, é ideal tanto para o inverno coma para o verán. Un imprescindible feito con agarimo, inspirado na tradición apícola galega e co mellor que nos dan as abellas.

💛 Coida os teus beizos coa forza da natureza

O bálsamo labial reparador de Raíña Celta está formulado con ingredientes naturais e activos apícolas como o própole. Pensado para hidratar, suavizar e protexer os beizos fronte ao vento, o frío e o sol.

Combina ceras vexetais, aceites naturais e extracto de própole, xunto cun filtro solar, para manter os teus beizos suaves, sans e sen gretas.

💛 Que ten de especial o noso bálsamo labial?

Unha fórmula suave e eficaz que mestura ceras e aceites vexetais para formar unha película protectora sobre os beizos. Fúndese ao contacto coa pel, proporcionando hidratación inmediata e unha sensación de confort duradeira. Aporta nutrición, elasticidade e unha barreira natural fronte ás agresións externas.

💛 Ingredientes activos do bálsamo labial Raíña Celta

🔸 Própole: o noso ingrediente estrela. Coas súas propiedades calmantes, rexeneradoras e antisépticas, axuda a reparar os beizos e evitar a secura.

🔸 Protección solar: incluímos filtros específicos na fórmula para protexer os beizos fronte aos raios UV.

🔸 Emolientes naturais: a mestura de aceites e ceras forma unha película protectora que hidrata e suaviza sen deixar sensación pegaxosa.

🔸 Vitamina E: antioxidante que axuda a combater os efectos do tempo e o envellecemento prematuro da pel.

🌿 Bálsamo labial natural e eficaz

Este bálsamo hidratante fúndese ao aplicalo e deixa os beizos nutridos, protexidos e visiblemente máis suaves desde o primeiro uso. Textura agradable e aroma suave para un coidado diario eficaz.

🛡️ Con protección solar incorporada

Os beizos tamén precisan defensa fronte ao sol. O noso bálsamo labial conta con filtros solares que os protexen da radiación UV, do frío e do vento, polo que é ideal para usar durante todo o ano.

🍯 Própole: o ouro da colmea

O extracto de própole, producido polas nosas abellas, é un potente protector natural. Ten propiedades calmantes, cicatrizantes e antibacterianas. Ideal para coidar a pel sensible dos beizos e previr pequenas feridas ou irritacións.

🌿 Cosmética natural con alma rural

Feito con ingredientes de orixe vexetal como aceite de ricino, cera de candelilla, cera de carnaúba e aceite de xirasol. Sen ingredientes innecesarios nin artificios. Só o xusto para que os teus beizos estean ben coidados.

🌞 Para quen é este bálsamo labial?

Para quen busca unha alternativa natural e eficaz, sen químicos agresivos. Para quen valora a orixe dos ingredientes e quere apoiar un proxecto apícola artesanal, sostible e con raíces en Galicia.

💬 Por que escoller o noso bálsamo labial reparador?

✔ Ingredientes de orixe natural
✔ Con própole, vitamina E e protección solar
✔ Ideal para beizos secos ou gretados
✔ Cosmética galega artesanal con compromiso co rural
✔ Sen aditivos artificiais nin perfumes agresivos
✔ Testado dermatoloxicamente

💬 Modo de uso

Aplicar sobre os beizos tantas veces como faga falta. O formato stick é ideal para levar sempre contigo e usar en calquera momento.

🐝 Raíña Celta: cosmética natural con identidade

Este bálsamo forma parte da nosa liña apícola natural, elaborada con mel, xelea real, cera de abella e própole.

🌍 Dende Galicia, con compromiso rural

Cada bálsamo forma parte do noso proxecto de vida: conservar a apicultura, defender o natural e poñer en valor o que nace aquí. Ao elixir Raíña Celta, coidas os teus beizos…e tamén o noso rural.

✨ Coida os teus beizos con xeito

O bálsamo labial reparador de Raíña Celta non é un cosmético máis: é un compromiso contigo, coa natureza e coa economía local. Súmate aos bálsamos labiais naturais que de verdade funcionan.

👉 Dálle aos teus beizos o coidado natural que merecen con Raíña Celta!

  • O bálsamo labial de Raíña Celta ten perfume?

    Non empregamos artificiais. O seu arrecendo suave provén dos propios ingredientes naturais, coma os aceites vexetais e o própolis.

  • É pegañento ou deixa os beizos graxos?

    Non, o noso bálsamo labial non é pegañento nin deixa os beizos graxos e ten secado inmediato.

  • Canto tempo dura un bálsamo labial?

    Depdendendo del uso, pode chegar a durar ata 12 meses 

  • Pódese usar en beizos con feridas ou gretas?

    Si, grazas ao própolis e ás súas propiedades regexeradoras, é ideal para beizos gretados ou con pequenas feridas.

  • Como ter uns beizos sempre hidratados?

    Levando un bálsamo labial contigo e usándoo a diario, tanto en inverno coma en verán.

  • É apto para nenos?

    Ao estar formulado con ingredientes naturais e sen compoñentes agresivos, pode usarse en nenos maiores de 3 años. Ante cualquera dúbida, consulta co teu pediatra.

  • Que pasa se uso bálsamo labial todos os días?

    Usar diariamente un bálsamo labial e coidar os nosos beizos mantenos suaves e hidratados e evita que se agreten con facilidade, aforrándonos a molesta dor das feridas nos beizos e facendo que se vexan sempre hidratados e bonitos. Ademais, se conteñen ingredientes naturais, os beneficios son moito maiores.

Contacta CON NÓS!

Se tés algunha dúbida acerca do noso mel ou queres realizar un pedido, chámanos, escoitámoste!

Tarro de miel casera raíña celta de Ourense de 250 gramos para comprar online

¡Contacta con nosotros!

Si tienes alguna duda acerca de nuestra miel o quieres realizar un pedido, ¡Llámanos, te escuchamos!

Tarro de miel casera raíña celta de Ourense de 250 gramos para comprar online