Envío gratuito por compras superiores a 60€
Xabón de mel e propóleo ecolóxico feito en Galicia, concretamente, no rural galego. Moi natural, moi rural. Coida a túa pel con ingredientes naturais como o mel de Galicia IXP, propóleo ECO e aceites esenciais. Máxima limpeza, hidratación e suavidade nun só xabón, e só con ingredientes naturais!
5,50 €
O noso xabón de mel e propóleo natural elabórase con Mel de Galicia IXP, procendente das nosas colmeas, e propóleo ecolóxico. Proporciona un coidado profundo para a túa pel. A súa formulación, que inclúe cera de abella, aceite de coco, aceite de oliva e aceite esencial de lemongrass, está deseñada para limpar e acondicionar a pel de maneira natural, deixando unha sensación de frescura e suavidade.
O xabón natural de mel e propóleo é ideal para quen busca un coidado da pel natural, respetuoso co medioambiente e efectivo. Con ingredientes de alta calidade, este xabón limpa, nutre e revitaliza a pel, deixando unha sensación de benestar duradeira.
Ademais, a nosa gama de produtos cosméticos componse unicamente de cosmética natural, respetuosa tanto coa túa pel ou cabelo coma co medio ambiente.
Moi natural, moi galega, moi rural. Así é o xabón con mel natural e propóleo e toda a gama de cosméticos. Cosmétina natural, elaborada 100% con ingredientes naturais e no rural galego. Elexindo os nosos produtos, garantes o coidado eficaz da túa pel, ao tempo que apoias un proxecto comprometido co desenvolvemento sostible e co apoio á economía rural galega.
Proba o xabón natural con mel de Galicia IXP e propóleo ECO para unha pel máis suave, hidratada e protexida cunha elección consciente e sostible.
Se tés algunha dúbida acerca do noso mel ou queres realizar un pedido, chámanos, escoitámoste!
Si tienes alguna duda acerca de nuestra miel o quieres realizar un pedido, ¡Llámanos, te escuchamos!