Envío gratuito por compras superiores a 60€

Mel para regalar

Mel para regalar artesán e autóctono: auténtico, puro e natural

Mel caseiro de castiñeiro, elaborado de forma artesanal, sempre co maior respecto pola natureza e o rural. Ten un sabor, aroma e cor inconfundibles, grazas ao breixo e ao castiñeiro das montañas nas que se atopan os nosos colmeares, que están repartidos polos montes do Irixo, Ourense.

Mel de castiñeiro autóctono

Mel elaborado maioritariamente con pole de castiñeiro, de cor escura con toques avermellados e sabor intenso pero equilibrado. Ademais, ao ser mel 100% natural, está cheo de propiedades beneficiosas para a saúde, o que o fai unha opción deliciosa e saudable.

Mel cru, sen procesos artificiais

Extraemos o mel en frío, non pasa por quentamentos nin pasteurizacións, conservando así tódalas súas propiedades orixinais. Mantemos o mel puro tal e como sae da colmea, usando un proceso artesanal de extracción en frío e envasando á man. Se buscas un produto tradicional, puro e sen manipulación, este é o teu mel.

Velas de mel e cera natural

As nosas velas artesanais, feitas á man con cera e mel das nosas propias colmeas, desprenden un doce aroma que encherá o teu fogar de calor. Dispomos de varias formas para que escollas as que máis che gusten.

Xabón e bálsamo labial con mel

Elaborados artesanalmente no rural galego, tanto o xabón como o bálsamo labial están feitos con mel e xalea real procedente das nosas abellas.

Compromiso coa terra e co rural galego

Tódolos produtos de Raíña Celta nacen dun proceso artesanal e sostible, respectuoso co medio ambiente e coa nosa terra, Galicia. Somos, sobre todo, unha marca rural. Todo o procedemento de elaboración e envío se leva a cabo no rural galego, máis concretamente no Irixo, Ourense, dende o coidado das colmeas ata a creación e envío dos nosos produtos.

Compra online e envíos a toda Galicia e España

Comprar na nosa tenda online é moi sinxelo. Realizamos envíos tanto a Galicia como ao resto de España para que poidas gozar do noso mel no teu fogar. Coidamos cada detalle, dende o envasado ata o envío, para que o teu pedido chegue en perfectas condicións.

Sen pedido mínimo, podes elixir o que máis che conveña.

Se buscas mel para regalar, puro e auténtico, Raíña Celta é a túa elección!

Contacta CON NÓS!

Se tés algunha dúbida acerca do noso mel ou queres realizar un pedido, chámanos, escoitámoste!

Tarro de miel casera raíña celta de Ourense de 250 gramos para comprar online

¡Contacta con nosotros!

Si tienes alguna duda acerca de nuestra miel o quieres realizar un pedido, ¡Llámanos, te escuchamos!

Tarro de miel casera raíña celta de Ourense de 250 gramos para comprar online