Envío gratuito por compras superiores a 60€
Se buscas un mel directo do apicultor 100% natural e autóctono somos a túa mellor candidata.
O noso mel é 100% natural, orgánica, artesanal, e sen procesar. Libre de aditivos e procesados industriais.
Ofrecémosche mel puro, auténtico e cunha calidade excepcional, directo do apicultor.
Só así podemos garantirche que mantén todos os nutrientes e beneficios para a saúde que se atopan de forma natural nela.
Comproba por ti mesmo a diferenza!
Ademais de ser un mel 100% natural, tamén é un mel 100% artesán.
Cada paso do proceso de colleita, extraído e envasado realízase artesanalmente, de forma manual, con coidado e dedicación.
Cada gramo de mel extráese dos panales manualmente, e despois envásase e etiqueta do mesmo xeito, a man, tarro a tarro, con agarimo.
Tanto se es máis de mel de flores ou se prefires a intensidade característica do mel de castiñeiro, calquera dos nosos tipos de mel elabórase da mesma maneira.
Controlar todo o proceso desde a produción do mel ata o envasado e envío da mesma permítenos ofrecerche unha garantía de calidade e autenticidade incomparable.
Ao ser mel directo do apicultor, sen intermediarios, podemos garantirche un mel puro, cru e sen adulterar.
Ao elixir Raíña Celta, non só te aseguras de que estarás a consumir un mel de calidade inigualable, senón que tamén contribúes ao consumo de produto local, axudas aos produtores locais e mantés vivo o rural galego.
Os nosos colmeares atópanse integramente na alta montaña ourensá, concretamente, no Irixo.
Producimos, envasamos, etiquetamos e enviamos todo o noso mel dende aquí, dende a Galiza Profunda.
A nosa filosofía baséase na produción de mel natural e artesán, e isto implica o respecto pola natureza e os seus tempos.
Promovemos prácticas agrícolas sostibles e coidamos o medio rural do que non só vivimos, senón no que tamén vivimos.
Practicando unha apicultura sostible contribuímos á preservación da biodiversidade e ao equilibrio ecolóxico das nosas contornas naturais.
Traballamos exclusivamente con abella autóctona, o que garante unha maior adaptabilidade ao clima de Galicia e, ademais, contribúe a manter a raza e mellorala progresivamente.
Formámonos constantemente e participamos en programas de selección para fomentar a poboación de abella autóctona, máis mansa e resistente ás enfermidades.
Raíña Celta elabórase seguindo prácticas sostibles e respectuosas co medio ambiente.
Mel directo do apicultor, 100% natural, orgánico, artesán e sen procesar.
Se tés algunha dúbida acerca do noso mel ou queres realizar un pedido, chámanos, escoitámoste!

Si tienes alguna duda acerca de nuestra miel o quieres realizar un pedido, ¡Llámanos, te escuchamos!
