Envío gratuito por compras superiores a 60€

Caixa regalo San Valentín

Sorprende este 14 de febreiro cun detalle único e natural coa nosa caixa regalo para San Valentín! 🎁 Inclúe mel galego puro, vela artesanal e/ou bálsamo labial natural, todo presentado nunha elegante caixa de madeira ou cartón con laciño. Un agasallo feito con moito amor para celebrar o amor! 🎁💛 Envíos a toda Galicia e España.

Rango de prezos: desde 15,00 € ata 26,50 €

O doce sabor do amor 💘

Hai detalles que non se esquecen. Se este San Valentín queres fuxir dos típicos agasallos de última hora e sorprender con algo auténtico, natural e feito con moito mimo, a nosa Caixa regalo para San Valentín é exactamente o que precisas: que mellor que o mel galego puro, velas artesanais e cosmética natural? ❤️. Si, xa sabemos que o que conta é o día a día, pero postos a ter un detalle, non hai opción mellor! 😌

🌿 Que inclúe a nosa caixa regalo de San Valentín? 🌿

Na nosa caixa regalo poderás atopar tres dos nosos produtos, en función da configuración que elixas:

🍯 Mel cru de castiñeiro (un bote de 250g ou 2 botes de 250g): unha xoia natural, escura e intensa, con ese toque lixeiramente amargo e un aroma inconfundible. Producido polas nosas abellas nos montes do Irixo, Ourense, sen procesos industriais, nin aditivos, sen filtrar nin quentar, para que chegue á túa mesa tal e como a natureza o fixo.

🕯️ Vela de mel e cera de abella natural: con forma de osiño ou corazón. Unha luz cálida para momentos especiais cun inconfundible aroma para crear ambientes únicos. Feitas artesanalmente coa cera das nosas propias colmeas, sen aromas artificiais nin parafinas. Arrecende ao cheiro suave e doce do mel.

💄 Bálsamo labial con mel: o inverno pode ser duro para os beizos. Este bálsamo 100% natural hidrata e protexe grazas ás propiedades do mel e da cera de abella. Ademais, ao ser natural e prescindir de químicos e aromas artificiais, é moi livián. Moi suave e moi reparador 😉

🎁 Presentación premium: un bo agasallo tamén ten que entrar polos ollos. Empaquetamos todo á man con moito mimo coidando do mínimo detalle, e podes elixir o formato que máis che guste: unha caixiña de cartón con laciño 🎁 ou caixa de madeira rústica e elegante 🪵. Ningunha das dúas deixará indiferente a ninguén, ambas son especiais, elixas a que elixas sorprenderás dende o primeiro momento! 🙌🏻

📦 Envíos a toda Galicia e España 📦

Se queres que chegue a tempo para San Valentín, non o deixes para o último día! Fai a túa encarga, enviamos a toda Galicia e a toda España. Temos envíos rápidos e asegurámonos que cada caixa chegue impecable, lista para regalar.

💛 Regala produto local, autenticidade e un chisquiño de amor coas caixas regalo para San Valentín de Raíña Celta. Hai detalles que falan por si sós.

📋 Pide a túa caixa regalo e namórate (ou fai que se namoren máis de ti)!

📲 600 281 220

📲 661 20 74 95

0/5 (0 Reviews)

Contacta CON NÓS!

Se tés algunha dúbida acerca do noso mel ou queres realizar un pedido, chámanos, escoitámoste!

Tarro de miel casera raíña celta de Ourense de 250 gramos para comprar online

¡Contacta con nosotros!

Si tienes alguna duda acerca de nuestra miel o quieres realizar un pedido, ¡Llámanos, te escuchamos!

Tarro de miel casera raíña celta de Ourense de 250 gramos para comprar online