UN MEL ARTESÁN
CHEO DE HISTORIA
Raíña Celta nace na alta montaña ourensá
Concretamente, no Irixo. Aí é onde comeza todo. A nosa historia parte do amor pola natureza e polas nosas raíces no rural galego. Quixemos ser fieis a iso e así nace Raíña Celta, un mel autóctono, caseiro e artesán.


De que se compón o noso mel?
Ao ser un mel caseiro, artesán e 100% natural, unicamente se compón do que as abellas obreiras colleitan nas flores dos montes do interior da provincia de Ourense e un ingrediente máxico.
Unha contorna 100% natural
Os nosos colmeares atópanse nunha contorna privilexiada, no interior da "Galicia Profunda".
Mel Raíña Celta parte de pole colleitado nos nosos montes, nas montañas da provincia de Ourense, lonxe de campos de cultivo e zonas habitadas.
Polo tanto, no noso mel non atoparás nin rastro de pesticidas ou contaminantes.


Mel artesán, o de toda a vida
O noso mel é mel artesán, caseiro, mel cru e auténtico, directo do apicultor.
Dende o principio, comprometémonos a manter a autenticidade do mel de sempre.
Por iso, cada tarro de mel é o resultado dun proceso natural e artesán coidadoso, que abarca desde a elaboración do mel polas abellas, ata a recolección, a extracción e o envasado totalmente artesán.
Cremos que a artesanía é a clave para preservar a riqueza dos sabores e beneficios naturais do noso mel.
Mel caseiro e sostible
En Mel Raíña Celta non só estamos comprometidos con producir mel de calidade premium, senón que tamén abrazamos a responsabilidade ambiental.
Por iso, levamos acabo prácticas de apicultura sostible, primando sempre o respecto ao medioambiente e o benestar das abellas.



Quixemos pór á túa disposición un sitio onde poder comprar mel artesán en liña
Porque cando algo é bo, hai que compartilo.
E así o fixemos. Quixemos que nada impedise o voo a Raíña Celta e decidimos engadir ao noso proxecto un lugar onde puideses comprar mel caseiro online.
Así que tanto se vives en Galicia pero aínda así os nosos locais de venda física quédanche a desmán, coma se vives en calquera parte de España, podes comprar mel caseiro directamente na nosa web.
Contacta con nós e faremos que Raíña Celta chegue a ti, esteas onde esteas!
 
				





