Envío gratuito por compras superiores a 60€

Mel cru

Mel artesán autóctono: puro, natural e auténtico

Mel cru, natural, elaborado artesanalmente e co máximo respecto pola natureza e o rural galego, cun sabor, aroma e cor únicos, resultantes do breixo e o castiñeiro co que é elaborado, típicos da paisaxe de montaña da nosa terra. O noso catálogo inclúe unha variedade de formatos para que elixas o que máis che conveña.

Mel de castiñeiro

Mel de castiñeiro, colleitado nos colmeares que temos repartidos polos montes do Irixo, na montaña do interior da provincia de Ourense. Este tipo de mel caracterízase pola súa cor escura con tons avermellados e o seu sabor intenso e non demasiado empalagoso.

Ao ser mel natural, contén unha chea de propiedades, o que a converte nunha opción non só deliciosa, senón tamén saudable.

Mel cru, sen pasteurizar e sen adulterar

O mel que atoparás na nosa tenda non foi sometido a procesos de quentamento ou pasteurización nin filtrado intensivo, conservando así todas as súas propiedades naturais. É mel cru, puro, que extraemos de forma artesanal mediante un proceso de extracción en frío e envasamos e etiquetamos á man. Perfecto para quen busca un produto 100% natural, como o de toda a vida.

Compromiso con Galicia e co rural galego

O noso mel artesán é o resultado dun proceso coidado e respectuoso co medio que nos rodea e coa nosa terra, Galicia. Todo o proceso, dende o asentamento do colmear ata o envasado e etiquetaxe, realízase no rural galego, na auténtica Galicia Profunda. Concretamente, estamos no Irixo, Ourense. Seguimos os métodos tradicionais de produción e colleita, asegurando así a sustentabilidade e a calidade do noso mel.

Compra online e envíos a Galicia e toda España

Comprar na nosa tenda online é sinxelo. Facemos envíos a toda Galicia e España para que poidas gozar do noso mel sen saír de casa.

Coidamos cada detalle de principio a fin e cada pedido é coidadosamente empaquetado a man, para garantir que chegue en perfectas condicións. Non te preocupes, estaremos pendentes durante todo o proceso de que así sexa.

Non temos pedido mínimo, polo que podes configurar o teu pedido como prefiras.

Se queres comprar mel puro auténtico, elixe Raíña Celta.

Contacta CON NÓS!

Se tés algunha dúbida acerca do noso mel ou queres realizar un pedido, chámanos, escoitámoste!

Tarro de miel casera raíña celta de Ourense de 250 gramos para comprar online

¡Contacta con nosotros!

Si tienes alguna duda acerca de nuestra miel o quieres realizar un pedido, ¡Llámanos, te escuchamos!

Tarro de miel casera raíña celta de Ourense de 250 gramos para comprar online