Envío gratuito por compras superiores a 60€
Apadriña unha colmea para ti ou para regalar a quen ti queiras! 🐝 Compra o apadriñamento da túa colmea, recibe información do seu estado e, ao final do plan, desfruta do mel 100% natural das túas propias abellas. 🚚 Envíos a toda España.
30,00 € - 140,00 €Rango de prezos: desde 30,00 € ata 140,00 €
Regala unha experiencia inesquecible aos teus, apadriña unha colmea! Elixe unha colmea para apadriñar e o modelo de apadriñamento que queres seguir. A túa contribución permite cubrir os custes de mantemento e coidado da colmea. A cambio, recibirás información sobre o seu estado e poderás preguntarnos dúbidas. Ao rematar o plan, poderedes consumir o mel extraído!
Contacta con nós e farémosche un bono regalo personalizado!
Se buscas agasallos orixinais e sostibles, o noso Plan de Apadriñamento dunha Colmea é a opción perfecta. Contribúes ao coidado das abellas, apoias a apicultura local e, ademais, recibes mel puro extraído directamente da colmea que apadriñes.
1️⃣ Escolle a túa colmea e o plan que mellor se adapte a ti.
2️⃣ Co teu apadriñamento, axudas a cubrir os custos de mantemento e benestar das abellas.
3️⃣ Durante o ano, recibirás información sobre o estado da túa colmea e poderás consultarnos calquera dúbida.
4️⃣ Ao final do plan, recibirás mel 100% natural, elaborado polas túas propias abellas.
5️⃣ Se é un agasallo, preparamos un bono personalizado para sorprender a quen ti queiras.
✅ Unha colmea co teu nome.
📜 Un diploma de apadriñamento
🍯 Mel da túa colmea
🎁 Un agasallo orixinal e sorprendente!
🚚 Envíos a toda España
Se tés algunha dúbida acerca do noso mel ou queres realizar un pedido, chámanos, escoitámoste!

Si tienes alguna duda acerca de nuestra miel o quieres realizar un pedido, ¡Llámanos, te escuchamos!
