Miel galego artesanal vs. mel industrial: por que o noso é mellor?

O mel galego é sinónimo de calidade, autenticidade e sabor. Con todo, nos últimos anos, o mercado viu unha inundación de mel industrial que, a pesar de ser máis barato, dista moito da pureza e beneficios do noso mel artesanal. Pero… é realmente tan diferente? Que hai dentro dun bote de Raíña Celta que non atoparás no mel industrial? Neste artigo ímosche desvelar todas as claves!


1. Orixe e proceso de produción

🌿 Mel galego artesanal: apicultura sostible e local

O mel artesanal autóctono, coma o de Raíña Celta, procede de colmeas situadas en contornas naturais, sen contaminación rodeadas con flora autóctona. Ademais, o noso mel de castiñeiro recóllese de maneira tradicional, á man, respectando os ciclos naturais das abellas e garantindo a súa pureza.

Como se obtén o noso mel de castiñeiro?

  • Elaborado polas abellas de maneira natural no rural galego, lonxe de contaminantes.
  • Colleita manual, colmea a colmea
  • Extracción por decantación en frío, sen pasteurizar.
  • Sen aditivos nin mesturas con outros meles.

💀 Mel industrial: produción masiva e dubidosa

Dun tempo a esta parte vemos que o mercado do mel se viu afectado pola interferencia de meles doutros países. O mel que atopamos en moitos supermercados adoita proceder de mesturas internacionais (China, Arxentina…), cun proceso de produción menos natural:

  • Pasteurización a altas temperaturas (± 70ºC), eliminando as encimas e propiedades naturais.
  • Mestura con xaropes de millo ou azucre para abaratar custos.
  • Falta de trazabilidade e orixe descoñecida.

💡 Dato clave: Moitas etiquetas de mel industrial inclúen “Mezcla de mieles UE y no UE”, sen especificar procedencia real.


2. Composición e beneficios nutricionais

🌿 O noso mel galego: rico en nutrientes e encimas naturais

O mel artesanal de castiñeiro destaca polo seu alto contido en antioxidantes, minerais e enzimas, que só se conservan cun bo manexo:

  • Polifenois e flavonoides con efecto antiinflamatorio.
  • Minerais: potasio, ferro e magnesio.
  • Encimas naturais: amilase, invertase, catalase.
  • Menor contido en azucre ca outras variedades.

💨 Mel industrial: procesado e poucos beneficios nutricionais

O mel de castiñeiro e de calquera tipo ten moitas propiedades, si, pero estes beneficios pérdense cando o mel é procesado mediante pasteurización, o que resulta nun mel con:

  • Moito maior contido en azucres simples (glucosa e frutosa refinada).
  • Falta de encimas naturais e redución de antioxidantes.
  • Posibles residuos de pesticidas ou antibóticos (mel industrializada de baixa calidade).

📊 Conclusión: O mel de castiñeiro artesanal mantén intactas as súa propiedades nutricionais, mentres que o industrial perde case tódolos seus beneficios naturais ao procesalo.


3. Sabor e textura: o que realmente importa

🌟 A intensidade do mel de castiñeiro artesanal

O mel de castiñeiro destaca por:

  • Sabor profundo e lixeiramente amargo.
  • Aroma floral con notas amaderadas.
  • Textura densa e cristalización natural.

💦 Mel industrial: demasiado “perfecta”

De pequenos, todos escoitamos iso de que á hora de mercar froita ou hortalizas, a mellor opción era coller a máis “fea” e fuxir do perfecto. A súa lóxica tiña. E é que, por moito que nos entre polo ollo, a perfección ten un prezo, e ese soe ser a calidade. No caso do mel industrial, esta merma apréciase tanto na parte organoléptica como na nutricional:

  • Sabor moito máis doce e plano, sen matices.
  • Textura excesivamente líquida, debido ao exceso de filtrado para evitar a cristalización.
  • Menos aromas e menos persistencia no padal.

🚫 Recorda: A cristalización do mel é un proceso natural, símbolo de calidade e pureza, non un defecto!


4. Impacto ambiental e sostibilidade

🌱 A nosa aposta polo rural galego

Tanto nós como os centos de pequenos produtores de mel que hai en Ourense e en Galicia, contribuimos co rural galego, axundando ao seu mantemento. No referente á nosa produción en concreto:

  • Mantemos abellas en zonas libres de pesticidas.
  • Favorecemos a polinización da flora autóctona.
  • Evitamos o uso de plásticos e materiais contaminantes.
  • Contribuimos ao repoboamento rural

🌡 Mel industrial: impacto negativo

  • Produción intensiva e pouco coidado das abellas.
  • Uso de químicos prexudiciais para as abellas.
  • Importacións que aumentan a pegada de carbono.

🌱 Mercar mel galega é apostar polo comercio local e a biodiversidade.

Apicultor recolectando revisando su colmenar en Galicia, en medio del bosque.

5. Como recoñecer un mel de calidade

🌶 Trucos rápidos para diferenzar un mel puro dun industrial:

  • Mira a etiqueta: busca a procendencia do mel e comproba que non inclúa misturas.
  • Proba a cristalización: se non cristaliza nunca, pode estar mesturada con xaropes.
  • O truco definitivo: fai a proba do vaso de auga: o mel puro afóndase en espiral; o adulterado disólvese rápido.

Conclusión: por que elixir mel artesanal?

💡 Se buscas un mel auténtico, saudable e con impacto positivo no rural, a mellor opción é o mel artesanal como o de Raíña Celta. A diferenza coa mel industrial é abismal:

CaracterísticaMel galego artesanalMel industrial
Orixe100% autóctono, 100% ruralMisturas doutros meles
ProcesoExtracción en fríoPasteurización agresiva
NutrientesRico en encimas e antioxidantesMoito azucre, poucas propiedades
SaborIntenso e con maticesMoi doce, sen profundidade
ImpactoSostible, apoio ao ruralProdución intensiva, impacto negativo

🌟 Escolle a calidade, escolle Raíña Celta!

📦 Compra o noso mel de castiñeiro 100% autóctono na nosa tenda online ou contacta con nós directamente!

Contacta CON NÓS!

Se tés algunha dúbida acerca do noso mel ou queres realizar un pedido, chámanos, escoitámoste!

Tarro de miel casera raíña celta de Ourense de 250 gramos para comprar online

¡Contacta con nosotros!

Si tienes alguna duda acerca de nuestra miel o quieres realizar un pedido, ¡Llámanos, te escuchamos!

Tarro de miel casera raíña celta de Ourense de 250 gramos para comprar online