🎁 O mellor regalo orixinal para o Día do Pai: unha caixa personalizada con navalla de Taramundi

Día do Pai é a ocasión perfecta para demostrar o teu agarimo e recoñecer a importancia que o teu pai ten para ti. Este ano foxe do de sempre e sorpéndeo con algo verdadeiramente único: unha caixa regalo personalizada que inclúe unha navalla artesanal de Taramundi gravada. Un regalo que non só destaca pola súa calidade, senón tamén pola súa historia e simbolismo.

Se buscas ideas de regalo para o Día do Pai que combinen tradición, artesanía e exclusividade, esta caixa personalizada é a opción perfecta. Feita completamente a man, como todo o que facemos en Raíña Celta. Cada elemento que a compón ten un valor intrínseco que vai máis alá do material. É un regalo que conta unha historia e que, sen dúbida, quedará no recordo do teu pai. Un regalo orixinal e auténtico, que representa o mellor do feito a man e do noso legado galego (e asturiano). 🌿

🔧 A navalla de Taramundi: unha peza de artesanía

Taramundi, unha vila de Asturias recoñecida pola súa tradición en artesanía de navallas e coitelos, é a cuna dunha das navallas máis apreciadas no mundo. Cada navalla de Taramundi é, como as nosas velas ou tarros de mel, única. Unha peza exclusiva, feita a man, onde a destreza dos artesáns se reflexa en cada detalle. Son moi famosas pola súa calidade, durabilidade e deseño elegante.

Ademais, decidimos pór a guinda ao pastel e facer un regalo personalizado para o día do pai perfecto engandindo un gravado artesanal no mango de madeira para que cada navalla sexa aínda máis especial. Un toque persoal que a converte nunha lembranza para toda a vida. 💛

Caixa regalo día do pai con mel galego, xabón e velas de mel e navalla de taramundi grabada

🎁 A caixa regalo personalizada: unha presentación que fala por si mesma

Sabemos que un regalo tamén se valora pola súa presentación, e por iso creamos unha caixa regalo elegante  que acompaña á perfección a navalla de Taramundi.

🛍️ Que inclúe a caixa regalo para o Día do Pai?

A nosa caixa regalo inclúe:

✅ Navalla artesanal de Taramundi: feita a man cun gravado especial para o Día do Pai.

✅ Embalaxe de calidade: unha caixa de madeira feita artesanalmente.

✅ Mel de Ourense, velas de cera de abella con aroma a mel e/ou xabrón de própole. Mira as combinacións dispoñibles na nosa tenda online.

✅ Personalización: engade unha mensaxe especial para sorprender ao teu pai.

Caixa regalo día do pai con dous botes de mel galego, xabón de mel natural e navalla de taramundi grabada

👨‍🏼🌿 A exclusividade do feito a man

O que fai realmente especial a nosa caixa regalo para o Día do Pai é o toque de exclusividade que aporta o feito a man. Nun mundo onde todo se produce en serie e está a un click de distancia, un regalo artesanal ten moito máis valor. Cada navalla de Taramundi é única, e o mesmo ocorre coas nosas velas, xabróns e tarros de mel.

Ademais, ao escoller esta caixa, estarás apoiando pequenos produtores e artesáns que manteñen vivas tradicións centenarias, como a apicultura ou a fabricación de navallas.

🚀 Como mercar a caixa regalo para o Día do Pai?

Mercar esta caixa regalo personalizada é moi doado! 🚀 Accede á nosa tenda online, escolle a opción de caixa regalo personalizada e elixe entre as combinacións dispoñibles.

✅ Se queres engadir unha dedicatoria especial, podes indicalo en “Comentarios” ao facer o teu pedido.

✅ Se prefires que enviemos o regalo directamente ao teu pai, só tes que poñer a súa dirección de entrega, e nós encargarémonos de que lle chegue a tempo e perfecto para sorprendelo.

🌟 O regalo perfecto para sorprender a calquera pai!

Este ano, foxe dos regalos típicos e escolle un regalo orixinal para o Día do Pai.

Se buscas un regalo para o día do pai personalizado, sorpéndeo coa nosa caixa con navalla de Taramundi gravada, mel galego cru, xabón de propóleo natural e velas de cera de abella naturais.

✨ Feito con agarimo, para quedar na memoria do teu pai para sempre.

👉 Merca o teu agora na nosa tenda online

Contacta CON NÓS!

Se tés algunha dúbida acerca do noso mel ou queres realizar un pedido, chámanos, escoitámoste!

Tarro de miel casera raíña celta de Ourense de 250 gramos para comprar online

¡Contacta con nosotros!

Si tienes alguna duda acerca de nuestra miel o quieres realizar un pedido, ¡Llámanos, te escuchamos!

Tarro de miel casera raíña celta de Ourense de 250 gramos para comprar online