O Día do Pai é a ocasión perfecta para demostrar o teu agarimo e recoñecer a importancia que o teu pai ten para ti. Este ano foxe do de sempre e sorpéndeo con algo verdadeiramente único: unha caixa regalo personalizada que inclúe unha navalla artesanal de Taramundi gravada. Un regalo que non só destaca pola súa calidade, senón tamén pola súa historia e simbolismo.
Se buscas ideas de regalo para o Día do Pai que combinen tradición, artesanía e exclusividade, esta caixa personalizada é a opción perfecta. Feita completamente a man, como todo o que facemos en Raíña Celta. Cada elemento que a compón ten un valor intrínseco que vai máis alá do material. É un regalo que conta unha historia e que, sen dúbida, quedará no recordo do teu pai. Un regalo orixinal e auténtico, que representa o mellor do feito a man e do noso legado galego (e asturiano). 🌿
🔧 A navalla de Taramundi: unha peza de artesanía
Taramundi, unha vila de Asturias recoñecida pola súa tradición en artesanía de navallas e coitelos, é a cuna dunha das navallas máis apreciadas no mundo. Cada navalla de Taramundi é, como as nosas velas ou tarros de mel, única. Unha peza exclusiva, feita a man, onde a destreza dos artesáns se reflexa en cada detalle. Son moi famosas pola súa calidade, durabilidade e deseño elegante.
Ademais, decidimos pór a guinda ao pastel e facer un regalo personalizado para o día do pai perfecto engandindo un gravado artesanal no mango de madeira para que cada navalla sexa aínda máis especial. Un toque persoal que a converte nunha lembranza para toda a vida. 💛

🎁 A caixa regalo personalizada: unha presentación que fala por si mesma
Sabemos que un regalo tamén se valora pola súa presentación, e por iso creamos unha caixa regalo elegante que acompaña á perfección a navalla de Taramundi.
🛍️ Que inclúe a caixa regalo para o Día do Pai?
A nosa caixa regalo inclúe:
✅ Navalla artesanal de Taramundi: feita a man cun gravado especial para o Día do Pai.
✅ Embalaxe de calidade: unha caixa de madeira feita artesanalmente.
✅ Mel de Ourense, velas de cera de abella con aroma a mel e/ou xabrón de própole. Mira as combinacións dispoñibles na nosa tenda online.
✅ Personalización: engade unha mensaxe especial para sorprender ao teu pai.

👨🏼🌿 A exclusividade do feito a man
O que fai realmente especial a nosa caixa regalo para o Día do Pai é o toque de exclusividade que aporta o feito a man. Nun mundo onde todo se produce en serie e está a un click de distancia, un regalo artesanal ten moito máis valor. Cada navalla de Taramundi é única, e o mesmo ocorre coas nosas velas, xabróns e tarros de mel.
Ademais, ao escoller esta caixa, estarás apoiando pequenos produtores e artesáns que manteñen vivas tradicións centenarias, como a apicultura ou a fabricación de navallas.
🚀 Como mercar a caixa regalo para o Día do Pai?
Mercar esta caixa regalo personalizada é moi doado! 🚀 Accede á nosa tenda online, escolle a opción de caixa regalo personalizada e elixe entre as combinacións dispoñibles.
✅ Se queres engadir unha dedicatoria especial, podes indicalo en “Comentarios” ao facer o teu pedido.
✅ Se prefires que enviemos o regalo directamente ao teu pai, só tes que poñer a súa dirección de entrega, e nós encargarémonos de que lle chegue a tempo e perfecto para sorprendelo.
🌟 O regalo perfecto para sorprender a calquera pai!
Este ano, foxe dos regalos típicos e escolle un regalo orixinal para o Día do Pai.
Se buscas un regalo para o día do pai personalizado, sorpéndeo coa nosa caixa con navalla de Taramundi gravada, mel galego cru, xabón de propóleo natural e velas de cera de abella naturais.
✨ Feito con agarimo, para quedar na memoria do teu pai para sempre.

