Envío gratuito por compras superiores a 60€

Velas de mel e cera de abella variadas

Velas de mel e cera de abella naturais y feitas á man con cera extraída dos nosos colmeares en Ourense, Galicia. Velas aromáticas naturais, cun rico cheiro a mel. Cómpraas online, facemos envío a toda España.

4,00 20,00 

Velas aromáticas de mel e cera de abella: luz natural cun aroma doce

Proba a calidez das nosas velas de mel aromáticas, feitas con cera de abella 100% natural e un irresistible cheiro a mel!

  • Luz cálida e natural, que crea un ambiente suave e relaxante. 🧘‍♀️🧘
  • Aroma a mel: que adoza o ambiente e incrementa a sensación de paz e calidez. 🍯
  • Combustión limpa e duradeira: velas feitas cera de abella pura, sen colorantes nin ningún outro aditivo. Ademais, ao ser velas de cera natural, a súa combustión é máis lenta cá dunha vela normal.⏳
  • Feitas a man, con mimo e coidado en Galicia, o que fai que cada vela sexa única.

O noso pack de 6 velas de mel e cera natural: o agasallo perfecto

Sorprende aos teus seres queridos cun detalle único e especial 🎁. Regalando os nosos packs de velas aromáticas de cera de abella natural estarás contribuindo ao comercio local, ademais de regalar un produto artesanal, único e feito con agarimo e coidado en cada detalle, que máis se pode pedir? 💛

Compromiso coa natureza: velas aromáticas de cera de abella naturais

Cada ano renovamos a cera das nosas colmeas e, no canto de tirala,  aproveitamos a cera vella que extraemos dos panais para, entre outras cousas, elaborar velas de cera de abella e mel. Por tanto, son velas sostibles, naturais e recicladas.

Produto local: velas de mel artesanais, feitas en Galicia

Estamos comprometidos co local e, sobre todo, estamos comprometidos coa nosa terra, con Galicia 📍💙. Os nosos colmeares atópanse na provincia de Ourense, na Galicia Profunda, e todos os nosos produtos elaborámolos a man tamén aquí, no Irixo. Por iso, elixindo nosas velas de cera de abella aromatizadas con mel ti tamén estarás a colaborar a mellorar a produción local e á dinamización do rural galego. 🏡

Beneficios das velas de cera de abella

  • Son aromáticas e cheiran que alimentan 🤤
  • Fan un servizo fenomenal cando se vai a luz ou simplemente queres dar un toque máis cálido ao ambiente.
  • Combustión máis limpa que outras velas🔥, ao non conter ningún tipo de engadido, soamente cera de abella natural 🐝
  • Hai estudos que confirman que a combustión da cera de abella purifica o aire mediante a liberación de ións negativos que neutralizan as partículas contaminantes presentes no aire do ambiente.
  • Neutralizan cheiros non desexados: a súa combustión, xunto co seu agradable aroma a mel son a combinación perfecta para eliminar malos cheiros do ambiente.
  • Son preciosas! 🥰  Ata che dará pena fundilas, pero tamén quedan xenial como decoración! 😉

Xa sabes, xa sexa para regalar 🎁 ou para crear un ambiente tranquilo e acolledor en casa 🧘‍♀️🧘‍♂️ ou mesmo no traballo, as nosas velas son perfectas. Ademais, sorprenderache o moito que duran en combusión. Compra as túas e compróbao por ti mesmo! 🙌🏻

Contacta CON NÓS!

Se tés algunha dúbida acerca do noso mel ou queres realizar un pedido, chámanos, escoitámoste!

Tarro de miel casera raíña celta de Ourense de 250 gramos para comprar online

¡Contacta con nosotros!

Si tienes alguna duda acerca de nuestra miel o quieres realizar un pedido, ¡Llámanos, te escuchamos!

Tarro de miel casera raíña celta de Ourense de 250 gramos para comprar online