Envío gratuito por compras superiores a 60€
Velas de cera de abella e mel con forma de agasallo. Velas naturais e aromáticas, elaboradas á man na provincia de Ourense con cera das nosas colmeas. Dispoñibles online con envío a toda España.
4,00 € – 20,00 €
Buscas unha maneira natural e acolledora de iluminar o teu fogar? Proba a calidez e o encanto de nosas velas artesanais, feitas con cera de abella 100% natural e un irresistible aroma a mel.
Sorprende aos teus seres queridos cun detalle único e especial 🎁. Regalando os nosos packs de velas de cera de abella e mel estarás a contribuír ao comercio local, ademais de regalar un produto artesanal, único e feito con agarimo e coidado en cada detalle. Ademais, cada pack de velas é personalizable, que máis se pode pedir? 💛
Cada ano renovamos a cera das nosas colmeas e, no canto de tirala, aproveitamos a cera vella que extraemos dos panais para, entre outras cousas, elaborar velas de cera de abella e mel. Polo tanto, son velas sostibles, naturais e recicladas.
Estamos comprometidos co local e, sobre todo, estamos comprometidos coa nosa terra, con Galicia 📍💙. Os nosos colmeares atópanse na provincia de Ourense, na Galicia Profunda, e tódolos nosos produtos elaborámolos á man tamén aquí, no Irixo. Por iso, elixindo nosas velas de cera de abella e mel ti tamén estarás a colaborar a mellorar a produción local e á dinamización do rural galego. 🏡
Xa sabes, xa sexa para regalar 🎁 ou para crear un ambiente tranquilo e acolledor na casa 🧘♀️🧘♂️ ou mesmo no traballo, as nosas velas son perfectas. Ademais, sorprenderache o moito que duran en combusión. Compra as túas e compróbao por ti mesmo! 🙌🏻
Se tés algunha dúbida acerca do noso mel ou queres realizar un pedido, chámanos, escoitámoste!
Si tienes alguna duda acerca de nuestra miel o quieres realizar un pedido, ¡Llámanos, te escuchamos!