Envío gratuito por compras superiores a 60€
Pel máis nova e revitalizada coa crema facial anti-idade formulada con mel de Galicia, aceite de macadamia, aguacate e cártamo. Esta crema proporciona unha acción tensora e reafirmante, reducindo os signos do avellentamento e deixando a pel máis suave, hidratada e luminosa. Ideal para quen busca un coidado facial natural e efectivo.
22,50 €
A crema facial anti-idade enriquecida con mel de Galicia está formulada con ingredientes naturais seleccionados pola súa eficacia e combina as propiedades nutritivas e antioxidantes do mel co poder reafirmante e tensor de aceites como o de macadamia, aguacate e cártamo. Ademais, os aceites esenciais de incienso, xeranio e pomelo engaden unha capa extra de coidado, ofrecendo unha experiencia sensorial única e beneficios visibles na túa pel.
A nosa crema facial anti-idade natural é un tratamento completo para aquelas persoas que buscan unha solución natural e efectiva para combater os signos do envellecemento. A combinación de mel de Galicia con aceites naturais e esenciais ofrece un coidado intensivo, deixando a pel máis firme, tersa e radiante. É a elección perfecta para quen quere unha cosmética natural, sostible e respectuosa co medio ambiente.
Moi natural, moi rural. A nosa gama de cosméticos desenvólvese no corazón do rural galego, onde se valora a solidariedade e a conservación da cultura local. A nosa produción apícola e a selección de ingredientes naturais, xunto cunha práctica sostible, reflicten o noso compromiso co desenvolvemento sostible e co apoio á economía local. Ao escoller a crema facial anti-idade con mel, estás optando por un coidado natural e eficaz para a túa pel, ao tempo que contribúes a preservar o medio ambiente e a fortalecer o tecido económico rural.
Proba a crema facial anti-idade con mel de Galicia! Disfrutarás dunha pel máis firme, hidratada e protexida, mentres fas unha elección consciente, sostible e comprometida co entorno.
Se tés algunha dúbida acerca do noso mel ou queres realizar un pedido, chámanos, escoitámoste!
Si tienes alguna duda acerca de nuestra miel o quieres realizar un pedido, ¡Llámanos, te escuchamos!